Vigo al minuto

Plataformas das Preferentes impulsan unha campaña de retirada de fondos de NGB

Na reunión da Coordinadora de Plataformas de Galicia mantida o pasado sábado 20 de Xullo en Santiago, e logo de analizar a situación dos afectados tra lo “canxe forzoso por acións, e a firma obrigada para a solicitude de liquidez aos mesmos”, por medio do Fondo de Garantia de Depósitos; as plataformas aprobaron levan a cabo unha ‘Campaña de Retirada de Fondos de Novagalicia Banco’, “tanto dos aforros recuperados por parte dos afectados” como pedir aos cidadáns que retiren cantidades simbólicas”, en solidaridad cos aforradoresmentras o banco non devolva o 100% dos aforros roubados”.

Ademáis, afectados das catro provincias galegas manifestaranse en Sanxenxo o vindeiro sábado 10 de Agosto para “lembrar que ainda quedan uns 421 millóns de euros por recuperar, que representa o 23% dos cartos estafados e que preto de 2.000 persoas non foron ao Fondo de Garantía de Depósitos a pedir liquidez, convertíndose en accionistas do Banco, coa posibilidade de acadar representación no Consello de Administración.

Os afectados salientan que en Setembro preveense presentar preto de 10.000 demandas e que “seguiremos pedindo a derogación do R.D. Lei 612013, a devolución do 100% dos aforros”, essixindo que o FROB non utilice xudicialmente as cláusulas de documentos asinados, e que non pretenda rexeitar demandas xudiciais.

Por último, rememorarase a manifestación do 18 de agosto de 2012, “que tanta repercusión social e mediática tivo en toda España, e incluso no Centro Europa, en estados de fala hispana e nos Estados Unidos”.

 

También te puede interesar