Vigo al minuto

Todos os bombeiros e policías locais de Vigo ofrecéronse a axudar na traxedia de Santiago

Concentración silenciosa este venres na Praza do Rei/Tresyuno Comunicación

Os 27 concelleiros que forman a Corporación ante o “drama do tremendo accidente de Santiago” gardaron 5 minutos de silencio durante unha concentración organizada, este venres, na Praza do Rei. Os voceiros dos dous partidos da oposición, ademáis do alcalde, salientaron a solidariedade coas víctimas, as súas familias e os feridos e trasladaron unha mensaxe de “unidade de toda a cidade” ante o que calificaron de “terrible desgracia”.

O acalde reiterou que suspéndense todos os actos festivos durante os sete días de loito aprobados polo Concello, e avanzou que algúns deses actos, como o concerto de Pablo Alborán – previsto nun principio para este domingo día 28 en Ifevi, pasa para o  14 de agosto – poderían recuparerse ao longo do mes que ven. Tamén queda posposto para o vindeiro día 5 o Pleno que debería celebrarse o vindeiro luns.

Asimesmo, indicou que a totalidade dos Bombeiros e axentes da Policía Local que estaban fora de servizo ou de vacación estes días, amosaron a súa dispononibilidade inmediata para prestar os seus servizos en Santiago se eles fosen necesarios, o cal, “amosa a fonda solidariedade dos veciños desta cidade coas víctimas desta traxedia”.

 

También te puede interesar