Este venres, 2 de agosto (7 da tarde), o Concello de Tui porá en funcionamento a nova pista de skate do Penedo. Para este acto, haberá unha exhibición de skate, BMX e de varios grafiteiros – hasta as 12 da noite – ademáis da actuación de varias bandas de música locais.
A nova pista foi desañeda pola Asociación Ondiñas, que traballou dende o principio coa Consellería de Deportes, no deseño e na organización dos elementos que conforman a pista así como na busca da mellor situación para ela.