Galicia

67 personas participarán, o mes que ven, no sorteo de 12 vivendas no Casco Vello

Un total de 67 persoas solicitaron poder participar no sorteo de 12 vivendas de protección autonómica rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello, un sorteo que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) realizará o próximo 17 de setembro.

Así o explicou a delegada da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello, quen indicou que o próximo martes 6 de agosto se publicará a lista provisional de admitidos e excluídos no proceso. A partir de aí abrirase un prazo de sete días hábiles para presentar as reclamacións e, unha vez resoltas as alegacións, o IGVS aprobará as listas definitivas, as cales se publicarán o día 27.

Os 12 pisos a sorteo correspóndense coas promocións de Ferraría 25-27-29-31 (6), Canellón do Estreito 12 (2) e Ferraría 33-35 (4) e todos eles contan con rebaixas no seu prezo inicial.

A presidenta do Consorcio entregou este xoves as chaves doutras tres vivendas de protección autonómica do Consorcio Casco Vello aos seus novos propietarios, os primeiros pisos postos no mercado tras a decisión de rebaixar os prezos.

 

Te podría interesar