Galicia

261.102 desempregad@s en Galicia a finais de xullo

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego  en Galicia descendeu en 12.332 persoas en xullo, o que representa unha caída do 4,51% respecto a xuño.

Desta forma, o paro alcanza a un total de 261.102 galeg@s, 904 máis que en xullo de 2012 (+0,35%), segundo informou este venres o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

No conxunto do Estado, o dato baixou en 64.866 desempregados o sétimo mes deste ano, un 1,36% en relación co mes anterior, e encadea cinco meses de retrocesos, a primeira vez que isto sucede dende 2007. Sitúase, así, nun total de 4.698.814 parados.

Por comunidades, a baixada intermensual de Galicia é a segunda maior tanto en termos absolutos, tan só por detrás da experimentada por Andalucía (-13.894); como en termos relativos, tras a porcentaxe de caída de Cantabria, do 10%.

 

Te podría interesar