
A Policía desaloxou aos traballadores de Povisa – dos trinta que empezaron o peche este luns – que estaban dentro da delegación da Xunta en Vigo. Os empregados tomaron esta medida como parte das mobilizacións aprobadas pola asamblea de personal, que abrangue a convocatoria dunha folga xeral na clínica dende o vindeiro día 19.
@s traballador@s demandanan ser recibidas pola conselleira de Traballo, Beatriz Mato, ou algunha outra responsábel da Consellaría de Sanidade sen veren atendida a súa demanda. Ao redor da 1 boa parte deles abandonaron xa o edificio ante a ameaza de desaloxo policial e o resto foros desaloxados pasadas as 2 e cuarto.