Galicia

Controlado o lume de O Bolo que queimou preto de 70 hectáreas

O incendio declarado o domingo no Concello de O Bolo quedou controlado este luns de madrugada logo de queimar unhas 70 hectáreas. Segundo a Consellería de Medio Rural, o lume comezou preto das 5 e media da tarde de onte e quedou controlado pasadas as 2 da mañá de hoxe.

As estimacións provisionais indican que quedaron arrasadas preto de 70 hectáreas, 55 delas de monte raso e as outras 15 de fragas. Nos traballos para apagar o incendio traballaron un técnico, cinco axentes forestais, 14 brigadas, 12 motobombas, unha pa, 7 helicópteros e dous avión.

 

También te puede interesar