Meteogalicia, vén de poñer en servizo unha sección na web para consultar a meteoroloxía en máis de 600 praias galegas dun xeito particularizado, cunha predición específica para cada un dos areais.
Ademais, Meteogalicia ven de crear e publicar unha nova aplicación para móbiles, MeteoRoute, que permite planificar unha viaxe o unha ruta a pé, bici ou barco en termos da meteoroloxía, coñecendo deste xeito a predición para a ruta que o usuario determine.
Predicións detallada para praias
A páxina web de Meteogalicia conta dende esta semana cunha sección na que se ofrece predición meteorolóxica específica e detallada para preto de 700 praias galegas. Trátase de predicións para tres días e tres franxas horarias – mañá, tarde e noite -.
Incorpórase á predición a probabilidade de choiva e un meteoro de vento que identifica a intensidade e a dirección do vento. Esta nova sección tamén disporá de información das mareas nos tres días de predición para o porto de referencia.
Na nova sección para a consulta do tempo nas praias galegas na que podes entrar premendo aquí, ten a posibilidade de facer búsquedas de praias por zona, picando sobre o mapa; por nome de praias ou directamente sobre un mapa de Google. Permítese engadir a un listado de praias predefinido outros 5 areais para facilitarlle ao usuario o acceso a información sen ter que facer unha busca previa. A web tamén permite seleccionar entre o listado de praias unha delas como favorita, de xeito que o usuario vexa directamente os datos dese areal ao cargar a páxina.