A Xunta alerta dun episodio de temperaturas máximas este domingo pola tarde

A Xunta ven de alertar dun episodio de temperaturas máximas de nivel laranxa  que afectará durante esta tarde ás provincias de Ourense e Pontevedra.

Segundo as estimacións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), poderán alcanzarse 39 graos centígrados entre as 2 e as 8 da tarde desdte domingo nas zonas de Miño e Valdeorras e no sur e noroeste da provincia de Ourense. Así mesmo, espéranse temperaturas de ata 37 graos centígrados no Miño, Rías Baixas e interior da Provincia de Pontevedra.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das zonas implicadas, ao servizo provincial de Protección Civil, e aos bombeiros de Ourense e Pontevedra, entre outros.

Consellos e recomendacións

Ante este episodio de temperaturas máximas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior propón unha serie de consellos e recomendacións, especialmente ás persoas maiores, con discapacidade, nenos menores de 5 anos, persoas con enfermidades crónicas ou que realizan traballos físicos intensos ou deporte ao aire libre, entre elas:  evita saír de casa durante as horas centrais do día, bebe  máis líquidos, sen esperar a ter sede, descansa con frecuencia á sombra, cando aparqueso coche non deixes no interior a nenos nin anciáns coas fiestras pechadas, axuda ás persoas que poidan estar en maior risco de sufrir os efectos da calor.

 

También te puede interesar