O Carballiño celebra este domingo o día grande da Festa do Polbo, declarada de Interese Nacional en 2012. A cita é no parque municipal, cunha grande superficie que será ocupada por medio centenar de postos de cocción de polbo. Tamén haberá outros postos tradicionai, como os restaurantes móbiles e de venda de varios produtos.
A asociación de pulpeiros e pulpeiras de O Carballiño preparou esta semana 260 quilogramos de polbo cos que cubriron un prato de madeira de 3,8 metros de diámetro, a porción de polbo ‘á feira’ máis grande do mundo.
A preparación deste prato, segundo a presidenta da asociación, foi o pistoletazo de saida da festa que trasncorre durante toda a fin de semana e que na que se servirán milleiros de racións, especialmente hoxe, no que poderían pasar das 1.500.