O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organizará nestas vacacións de verán e coincidindo coas primeiras semanas do inicio da pretempada 2013/2014 a 10ª Edición do Campus de Tecnificación: “Xornadas de Pretempada – Verán 2013”. Despois dos éxitos das nove pasadas edicións do campus de tecnificación a entidade olívica volverá a celebrar as xornadas de perfeccionamento técnico aproveitando as vacacións de verán.
O obxectivo destas xornadas é reforzar o traballo de técnica individual dos deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal e do baloncesto vigués e galego, fundamentalmente nas idades óptimas para a formación.
A 10ª Edición do Campus de Tecnificación se celebrará no Colexio Seis do Nadal (Coia) na semana dos días 19, 20, 21, 22 e 23 de agosto do 2013 entre as 10:30 e as 13:30 horas, e estará centrada no traballo de perfeccionamento do tiro así como de diversos fundamentos técnicos individuais.
O prazo de inscrición está xa aberto para o 10º Campus de Tecnificación de Pretempada 2013/2014. Poden inscribirse os deportistas dos equipos federados e das escolas deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia e tamén se poderán anotar os deportistas do baloncesto vigués e galego que o desexen, desde categoría benxamín (nados no ano 2006) ata categoría júnior (nados no 1996).
As prazas dispoñibles para a Décima Edición das Xornadas de Tecnificación 2012/13 son limitadas e se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (sendo válida a data que figure no ingreso). Para formalizar a inscrición é preciso enviar o comprobante de pago (co nome completo do deportista e o club ao que pertence) e a folla de inscrición, antes do 16 de agosto do 2013, a [email protected] ou ao fax 986227275.