Galicia

Dende este mércores, acabáronse os comedores escolares gratuitos no ensino público

Este mércores entrou en vigor o coñecido como ‘Decreto dos comedores’ co que remata a gratuidade dos mesmos.Dende o mes que ven os alumnos pagarán por comer en función da renda familias e so será gratuito para aqueles que vivan nunha familia cunha renda inferior a 7.000 €. No resto dos casos, o prezo variará entre 1 y 4,5 € ao día en función dos ingresos do fogar.

Eso sí, aqueles rapaces escolarizados en colexios que non pertenzan a súa área pagarán o menú, da igual cal sexa a renda familiar, logo de que a Xunta modificase este norma para para “establecer un sistema máis xusto” e para ir asumindo os comedores que, ate o de agora, estaban xestionados polas asociacións de nais e país (Anpa).

Educación asegura que en 8 anos asumirá preto de 19.000 prazas de comedor, das que 11.000 serán gratuitas pero, ate o de agora preto do 93% dos estudantes que xantaban no colexio non pagaban nada pola comida. Dende agora, un 10% des familias pagará 1€ diario por rapaz, un 8,5% 2,5 € e un 24% o importe total, 4,5 €, por fillo e día.

Esta medida implicará que o número de alumn@s con dereito a comedor gratuito descende nun 31% se temos en conta o declarado polo propio conselleiro en agosto do ano pasado, cando asegurou que o 88% d@s estudantes dos centros públicos xantaban gratuitamente e engadía que “mentras en Cataluña, Valencia o Madrid os rapaces teñen que pagar por levar un tupper, en Galicia incrementouse en 6.700 el número rapaces  atendidos nos comedores escolares”.

 

También te puede interesar