Vigo al minuto

O alcalde anuncia que se inicia un plan de semaforización de toda a cidade

O alcalde adiantou este mércores que a partir do mes que ven, o Concello  porá en marcha un plan de semaforización no centro e nas parroquias para darlle máis “porosidade e seguridade” ao tráfico. Durante unha visita ao vial Claracampoamor onde se colocou un semáforo demandado polos veciños de Beade, enfatizou que o deseño desta rede xirará sobre o eixo da seguridade, rexeitando a existencia de grandes avenidas “con semáforos cada 300 ou 400 metros que fomentan a tentación de cruzar por zonas non indicadas”.

Aínda que reiterou que o plan completo será presentado o mes que vén, Abel Caballero indicou, a modo de exemplo, a previsión de colocar, alomenos, dous novos semáforos en Castelao, onde “fracasaron os pasos elevados”, na Gran Vía, na Avenida de Madrid, en Aeral, na Avenida das Camelias, ou en Beiramar, na zona do Auditorio. Tal e como precisou, estes son só algúns exemplos dun plan que o Concello vai desenvolver ao longo dos dous próximos anos.

 

También te puede interesar