Un incendio, que se declarou este mércores pola tarde nos Canóns do Sil, no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, arrasou xa 20 hectáreas, segundo os últimos datos facilitados pola Consellería de Medio Rural. Tres avión e sete helicópteros operan para apagar o lume e o dispositivo de terra estivo traballando toda a noite. O mesmo está composto por un axente forestal, 11 brigadas, tres motobombas e unha pá excavadora.
O que sí está controlado é o lume que empezou pasadas as 5 da tarde de onte en Salcedo, mentras que medios aéreos do Ministerio de Agricultura traballaban na extinción dos incendios de Fene, en A Coruña, e Riós, en Ourense.