Comarcas

Vaiche boa, Vilanova

Dende este venres, e durante 10 días, Vilanova de Arousa celebra, seguidas, e de feito que coincidan coa saída da Volta Ciclista a España – o vindeiro día 24 – as Festas do Mexilón e do Comercio.

Esta non é a única novidade, a segunda é que a súa ubicación tradicional – na Avenida González Besada, pola que pasará a proba ciclista – será unha carpa xigante preto do Colexio Julio Camba. Ademáis, para a Feira de Comerciantes, hai 45 postos confirmados – o récord absoluto da mesma – o mesmo que os 850 kilos, diarios, que se servirán – a entre 3 e 8,50 €, dependendo da ración – hasta o domingo día 25.

Os devanditos platos, para ir facendo boca, abranguen especialidades de mexilón, paella, empanada, ameixas, polbo ou navallas, que poderán degustarse dende o mediodía ás 4 da tarde e dende as 8 á medianoite.

 

También te puede interesar