O vindeiro domingo 18 de agosto é cando se vai celebrar a IV edición do Camiño das Fontes de Tortoreos organizada pola Adc Coto da Cividade.
Como xa se leva facendo noutras edicións, farase un percorrido polos barrios onde as paradas obrigadas serán as fontes do lugar, todos aqueles que se acheguen poderán gozar de ledicias gastronómicas típicas da zona.
Toma boa nota, a saída será dende o IES Pazo da Merced ás 9 da mañá, o percorrido será amenizado polo grupo folclórico Atrancas Levadas onde rematará na Santa Mariña. Os asistentes despois de percorrer 7 km, poderán gozar dun xantar a prezos populares.