Vigo al minuto

A Asociación Veciñal de Teis pide que o superávit municipal sirva para reparar as rúas da parroquia

A Asociación Veciñal de Teis, presentou no Concello un escrito dirixido ao Concellaría de Fomento, solicitando que se inclúa no anunciando do plan de inversións  que se obtivo do superávit municipal de 2012, que está pendente da súa concreción e aprobación no pleno municipal, unha partida con actuacións  na rúas do barrio, que non figuran no plan de Aqualia 2013, para a mellora da rede de abastecemento en rúa Campa, Gerardo Campos Ramos, Subida a Ponte, Travesías de Espiñeiro, Purificación Saavedra, Amieiro e Doutor Corbal – neste caso recollese dentro da actuación de asfaltados do rural 2013, para executar no segundo semestre deste ano e, segundo os responsables da asociación, “non entendemos como aproveitando que se van realizar obras nesta rúa, non se actúe na renovación da rede de abastecemento de augas e saneamento e na mellora das beirarrúas do tramo inicial e final da mesma”.

Na opinión dos mesmos, o alcalde “mentiu” afirmando que esta asociación “ é a sucursal dun partido político”, porén lembran que  “os membros da xunta directiva da nosa Asociación somos elixidos pola veciñanza en asemblea directa, nós non nos presentamos por ningún partido político para os nosos postos non remunerados. Na nosa directiva e Asociación hai veciños e veciñas de todas as opcións e tendencias políticas, todas elas dan vigor á nosa Asociación e garanten a súa independencia de calquera goberno municipal”.

Dende a asociación subliñan que “se Abel Caballero persiste na súa chocante animadversión aos partidos políticos, aos que el mesmo pertence, convidámolo a que sexa honesto coa cidadanía viguesa e concorra ás eleccións como candidato independente”.

Os directivos da devandita asociación indican que o alcalde debe ter moi presente que a mesma ten unha traxectoria de 37 anos de traballo polo barrio de Teis “como colectivo independente de todos e cada un dos gobernos municipais que pasaron por Vigo. Levamos case 40 anos denunciando as necesidades do barrio perante calquera Administración pública, fose cal fose a súa cor política”.

 

You may also like