Vigo al minuto

O Concello pecha ao baño a parte de Samil próxima ao Lagares

O Concello ven de restrinxir dende este xoves pola tarde o baño na parte de Samil máis achegada á desembocadura do Lagares debido “á insuficiente calidade da auga. O goberno local tomou a decisión á vista das últimas análise da auga nesta parte da Praia que “desaconsellan o baño nela”.

A restricción será avisada aos bañistas cos carteis, ainda que fontes municipais sinalan que abrangue “unha parte moi pequeña da Praia”, e insisten en que o resto de Samil “a calidade da auga é excelente”.

Nas vindeiras horas os técnicos saberán cal foi a causa deste problema e confirmarán se a calidade da auga empeorou por algún verquido ou outra incidencia.

 

 

También te puede interesar