É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másAfectados polas Preferentes do Baixo Miño retiran hoxe os seus aforros de Novagalicia Banco
Afectados pola compra de Preferentes do Baixo Miño, sumánse este venres a outras plataformas e iniciarán a retirada dos seus aforros de Novagalicia Banco. Segundo explicaron fontes deste colectivo, a retirada de fondos comezará na sucursal desta entidade no Rosal, nun acto reivindicativo previsto para as 11 e media.
A devandita plataforma esixiu ao Concello de Tui que cumpra o acordo aprobado en pleno, hai máis dun ano, e peche as súas contas en NCG. Os afectados consideran que este é un “momento crucial” para incrementar a presión e lograr que se reabra a vía da arbitraxe, por iso piden que este concello siga o exemplo doutras casas do concello como Pontevedra ou Silleda.