Emprego felicítase polo “mellor dato de paro dende 1996″…aquel ano o desemprego era a metade que hoxe

A directora xeral de Emprego de la Xunta asegura, nunha nota enviada aos medios de comunicación, que o dato do paro de Galicia do mes de agosto “é o mellor neste mes dende 1996e engade que “o mesmo xa sucedeu en xuño e xullo, cando tamén se tivron as meirandes baixadas absolutas dos datos históricos”.

Ana María Díaz salienta que a baixada do desemprego en Galicia “sitúase por riba da media estatal” e subliña que trátase da sexta baixada consecutiva do ano, engadindo que hai 35.299 personas menos anotadas nas oficinas de emprego galegas.

O mes de agosto pasado pechouse con 257.524 galeg@s sin emprego, dacordo cos datos do Ministerio de Emprego difundidos este martes, sen embargo, so remitíndose a hai 5 anos – sempre dacordo cos datos oficiais da propia Consellería de Traballo – o número de galeg@s sen emprego era de 146.388, o que supón un incremento do desemprego de 111.136 personas – casi 3 cada hora neste tempo.

Hai 5 anos o número de contratos asinados con carácter indefinido era do 34,2% do total, fronte ao 4,1% da actualidade, e en conxunto, en 1996, traballaban en Galicia 825.197 personas, cunha tasa da paro do 21% – segundo datos do Instituto Galego de Estatística – o que significaba 132.127 personas sen emprego, un 48% menos que en la actualidad.

 

También te puede interesar