A Deputación de Pontevedra iniciou esta semana os traballos previstos no Plan Provincial para o aproveitamento turístico dos castros e dos recursos galaico-romanos con sendas actuacións no Monte Santa Tegra (A Guarda) e no Monte Facho (Cangas de O Morrazo), según anunciou este mércores, Rafael Louzán.
En Santa Tegra – A Guarda – están a traballar 8 personas baixo a supervisión dun arqueólogo da Deputación. A actuación consiste na limpeza dos xacementos antiguos e o acceso Sur, unha zona plagada de cabanas que ata agora non estaban visibles. Asemesmo, o equipo de traballo desbroza e acondiciona o entorno e tala, nalgún caso, as abundantes acacias que abundan na zona.
No Monte Facho – Cangas – traballan 10 personas baixo a supervisión dun arqueólogo da Deputación e en coordinación co arqueólogo do Concello de Cangas. No Monte Facho, a Deputación complementa a actuación do Concello de Cangas que ven realizando labouras de consolidación e estruturación dende o periodo 2003-2008. Nesta ocasión, o equipo da Deputación limpa o acceso e o entorno completando a actuación do Concello que consigueu recentemente axudas da Xunta para distintas actuacións no Monte Facho.
As seguintes actuacións deste Plan serán no Castro de Troña (Ponteareas) e Igrexa Vella (Valga), e logo interviráse no resto dos castros incluidos no proxecto.
A Deputación en colaboración coa Xunta e concellos inviste 2,5 millóns en limpeza, mantemento, sinalización, difusión, escavación, musealización e dixitalización de 16 xacementos arqueolóxicos da provincia, os castros visitables de: Castrolandín (Cuntis), Altamira (As Neves); Cruz do Castro (Cotobade), Castro Alobre (Vilagarcía), Adro Vello ( O Grove) Monte Castro (Ribadumia), A Lanzada (Sanxenxo) Castro da Cividá (Marín), As Croas (Pontevedra), Monte Facho (Cangas), Castro da Punta do Muiño do Vento e Castro de Vigo (Vigo), A Troña (Ponteareas), Castro de Torroso (Mos), Alto dos Cubos de Tui, Santa Tegra (A Guarda) e Igrexa Vella de (Valga).