Besteiro, favorito para ser o novo líder dos socialistas galegos

Gómez Besteiro, en Vigo, o pasado xoves/Tresyuno Comunicación

Moitísimo terían que cambiar as cousas este sábado para que o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, non resultase o gañador das primarias convocadas polo Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE, e pasase páxina a etapa de Pachi Vázquez á fronte do PSdG – a peor da formación na súa historia-.

O lucense, que leva oito meses viaxando polo país para explicar a súa visión do que debe de ser, non tanto o partido, senon a posición e o compromiso dos socialistas coa sociedade galega, conta coa opoio – xa declarado – das principais agrupacións, empeando pola de Lugo – da que é secretario xeral – pasando por A Coruña – hai semanas que o secretario dos socialistas coruñeses, o ex ministro de Xustiza Francisco Caamaño, adiantou que votará por él – a de Pontevedra e, dentro dela, a todopoderosa agrupación de Vigo, que esta semana, co seu presidente, o alcalde Caballero en primeira fila, aplaudiu a Besteiro nun multitudinario encontró – o máis ateigado da campaña – cos afiliados da cidade.

Fronte a Besteiro, o alcalde da Illa, Manel Vázquez, que empezou tarde a súa campaña e que, maila a definirse como o “candidato das bases”, recibiu a cuarta parte das sinaturas dos militantes secundando a súa candidatura das que recibiu Besteiro, e levou a cabo un conxunto de actos moito menos numerosos e moitísimo menos concorrido.

Nada se saberá ate hoxe a última hora logo de que as votacións se abran ao medidodía para que exerzan o seu dereito a elixir ao novo secretario xeral preto de 11.300 afiliados que poderán votar en 270 urnas distribuidas por todo o territorio galego.

O presidente da Deputación de Lugo, dirixíndose aos militantes/Tresyuno Comunicación

Precisamente a participación estaba en mente dos dous candidatos estas últimas horas que non deixaron de repetir que había que votar. Para elo lembraron que preto de 6.600 militantes participaron xa no proceso ate hoxe: 5.200 persoas asinando a prol da candidatura de Besteiro e 1.300 facendo o mesmo pola de Vázquez, o que supón qe preto do 60% dos afiliados  implicouse na primeira fase destas primarias.

A respecto diso, os que xa anunciaron que non exercerán o seu dereito ao sufraxio son os membros da denominada ‘corrente crítica de PSOE vigués’, que rexeitan participar no que consideran “un paripé”, posto que as primarias, aseguran, só servirán para un cambio de caras e non para renovar a fondo o proxecto político socialista.

Os dous candidatos, despois de votar nas súas respectivas sedes, os dous candidatos farán o seguimento de todo o proceso, xunto con Pachi Vázquez, dende a sede nacional do PSdeG, na compostelana Rúa do Pino.

Amosando o seu ‘compromiso democrático’ ningún membro da dirección do PSOE acudirá a Galicia este sábado…se cadra, como lle ocurre a Rubalcaba, non ven con bos ollos este proceso que, o propio secretario xeral calificou de ‘experimental’, e que terá que ser refrendado no congreso de finais deste mes. Esta postura sinala, de novo, o inmovilismo e o pouco que parece crer Rubalcaba no que reclama todos os días: a democracia e a trasparencia…mesmo aquela petición feita polo propio partido de que as primarias fosen regulamentadas legalmente para que todas as formacións tivesen que seguir este mesmo proceso para elixir aos seus dirixentes. Neste senso tanto Vázquez como, especialmente, Besteiro – quen renunciou a ter delegados nestas eleccións -, representan un novo xeiro de entender qué debe entenderse por democracia e representación interna.

 

También te puede interesar