Vigo al minuto

Máis de mil solicitudes para cubrir as 458 prazas nas escolas infantis municipais

Eso asegurou este martes o alcalde durante a inauguración do curso de Educación Infantil na Escola Pública de Lavadores. Abel Caballero defendeu “incrementar” a oferta de prazas públicas para este tramo educativo “pola “gran demanda existente” e lembrou que as 458 vacantes nos centros municipais recibiron máis de mil solicitudes.

Segundo detallou, as seis escolas para nenos e nenas de 0 a 3 comezan o curso con 322 alumnos e alumnas admitidos neste momento e outras 136 prazas na quenda de tarde que se irán cubrindo paulatinamente. O Concello, salientou  “adica 1,3 millóns cada ano para subvencionar estes centros educativos e achega 63.000 euros para a “Galiña Azul” da Xunta de Galicia na rúa Palencia”.

O alcalde explicou que o Concello exime do total do pago da tarifa, “sen incremento algún desde 2008” á metade do alumnado,”cun promedio de subvención do 86% do coste a cada alumno”, e indicou que o prezo máximo de pago nunha escola infantil do Concello ascende a 124 € mensuais, “a metade do tope das que oferta en Vigo a Xunta”.

Caballero adiantou que a  futura escola de Mestres Goldar abrirá próximamente cun centenar de vacantes e “en breve” darán comezo os traballos dun novo centro en Navia, coa previsión de entrada en funcionamento no curso do 2015 e, asegurou “estamos estudando ubicacións para un novo centro”.

 

También te puede interesar