Máis de 200.000 estudantes comezarán este mércores, 11 de setembro as clases nos ciclos de educación infantil e primaria, sendo 67.591 alumnos e alumnas e 133.199 respectivamente, o que reflicte un descenso na primeira etapa e un mantemento das matrículas na segunda.
Educación Infantil
Segundo estimacións da Xunta de Galicia, 67.591 alumnos e alumnas comezarán o mércores as aulas de educación infantil. Deles 28.853 están matriculados na provincia de A Coruña; mentres que 25.699 son de Pontevedra; 6.678 de Lugo e 6.361 de Ourense, fronte aos 28.601; 26.003; 6.738 e 6.376 respectivamente do curso pasado. Un lixeiro descenso na comunidade que volve a dar conta da tendencia que se ven reflectindo desde hai cursos. De todos eles 47.338 alumnos – o 70% – están matriculados en centros de ensino público e 20.253 en privados e concertados
Educación Primaria
Por outra banda as mesmas previsións que manexa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, indican que 133.199 alumnos e alumnas tamén comezaran o luns as clases de educación primaria en Galicia. Por provincias 55.426 están matriculados en A Coruña; 13.314 en Lugo; 12.757 en Ourense e 51.622 en Pontevedra. Fronte aos 55.147; 13.201; 12.680; 51.710 respectivamente do curso pasado.
En total, 93.091 – o 69,9% -asistirán a centros públicos e 40.028 a centros privados e concertados.