Peinador perdeu preto de 95.000 pasaxeiros no que vai de ano – un 19,3% – e, en agosto, un 22,5 % – ate os 68.282 viaxeiros. Esto fai do aeroporto de Vigo o que máis tránsito perdeu dos tres de Galicia, unha tendencia que se mantén dende hai xa preto de dous anos.
En conxunto, os tres aeroportos galegos presentan unha evolución negativa no número de usuarios perdendo, en conxunto, máis de 224.000 pasaxeiros ata o mes pasado, respecto a agosto de 2012, pasado de 2.650.308 viaxeiros a 2.426.006.
Lavacolla baixou en máis de 81.000 pasaxeiros – un 5,3% -, e A Coruña baixou en máis de 48.000 usuarios – un 6% menos -. En agosto, o aeroporto de Santiago rexistrou un 5,1% menos de pasaxeiros, ata os 233.113; albedro foi o único dos aeródromos galegos que rexistrou un aumento no número de pasaxeiros, un 1,8%, ata os 79.281.
En canto ás operacións realizadas, estas diminuíron un 0,3% en Santiago – ata as 2.021 -, medraron un 3,9% en A Coruña – ata 1.403 – e un 5,3 % en Vigo – ata 1.152 -.