Afectados pola compra de Preferentes veñen de amosar o seu malestrar “tra-las declaracións de boas intencións do Presidente da Xunta”, onde transmitiu que ía dialogar co FROB para unha reapertura da arbitraxe ás entidades intervidas.
Os afectados lembranlle a presidente Feijóo, que “durante a campaña electoral non precisou dialogar co FROB, e, que se Novagalicia Banco é unha entidade nacionalizada” o que, a xuizo dos afectados, supón que o seu partido, que detenta o Goberno do Estado, “ten a competencia para ordear reabrir a arbitraxe”.
En opinión dos afectados, esta declaración de boas intencións “choca” logo das noticias da posta en venda de Novagalicia Banco, “pois, un dos puntos do Memorándum de entendemento, asinado en Bruxelas polo Goberno, expón claramente, que para a venda do Banco, a arbitraxe tería que estar pechada” . Ademáis non esquecen que responsables do Fondo de Intervención Ordenada Bancario (FROB) – máximo accionista de Novagalicia Banco – “declarou públicamente que o 60% dos afectados asumirían perdas de máis da metade dos seus aforros”.
Pese a elo, subliñan, “alcaldes e representantes do Partido Popular seguen afirmando que a estafa xa está solucionada, e que xa fixeron todo o que estaba nas súas mans”, tanto é así, continúan, que “até o mesmo Rafael Louzán agradeceu, en Soutomaior o bo traballo de Rajoy en canto a estafa das preferentes, ao mesmo tempo que os afectados foron alonxados a quilómetros do acto político”.
Por último, os Afectados polas Preferentes fan un chamamento a tódolos os aforradores estafados por NGB e que non asinaron a quita, que se poñan en contacto coas plataformas “ e, así poder formar parte da Comisón de Administración do banco. Pois ante un posible comprador da entidade, esixirlle unha solución a esta estafa masiva”.