Vigo al minuto

De Guindos reitera que Novagalicia Banco terá novo propietario o mes que ven

O ministro de Economía reiterou este venres que espera completar a venda de Novagalicia Banco en outubro tras recibir as ofertas pertinentes durante este mes. “Quedou atrasado dende o punto de vista do que eran as reformas, os axustes. Hai que pechar esa situación, que xa se está a pechar no caso de Galicia e no caso de Bankia, e a partir de aí analizarémolo,”, explicou Luis de Guindos.

De feito, o calendario da poxa de NCG arrancará a próxima semana, coa posta a disposición dos posibles interesados de toda a información relevante sobre a entidade.

Dacordo co dito, onte, polo secretario de Estado de Economía, Fernando Jiménez Latorre, o primeiro paso da poxa, – coñecido como ‘data room’ – será a partir do próximo 16 de setembro, dende ese momento, “as entidades poderán empezar a ver as calidades dos activos de NCG Banco para facer as valoracións e expresar o seu interese e as súas ofertas”, indicou.

 

Te podría interesar