Lumes activos en Carnota, Gondomar, Negreira, Dumbría e Porto do Son

Segundo información da Consellería de Medio Rural, permanece decretado o Nivel 1, como medida preventiva, no incendio declarado no concello de Carnota, iniciado o mércores pasadas as 9 e media da noite e que, dacordo coas estimacións provisionais, arraso una súa totalidade o Monte Pindo, afectando a más de 2.000 hectáreas. No mesmo 2 técnicos, 28 axentes forestais, 59 brigadas, 27 motobombas, 9 helicópteros e 8 avións, dispositivo ao que se sumaron efectivos de Unidade Militar de Emerxencia (UME).

Tamén está activo, dende esta madrugada, un lume na parroquia de Vincios, no concello de Gondomar, que  xa queimou máis de 20 hectáreas e que tentan controlar 3 axentes forestais, 9 brigadas, 5 motobombas e 1 pa.

A primeira hora deste sábado quedou controlado o do concello de Negreira, parroquia de Liñaio, que comezou o mércores ao mediodía e que ainda non foi extinguido. A superficie afectada -segundo estimacións provisionais, – é de 400 hectáreas. Nos traballos de extinción levan participado 1 técnico, 13 axentes forestais, 30 brigadas, 13 motobombas, 7 pas, 9 avións e 6 helicópteros. Tamén traballaron na zona efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

O lume do concello de Porto do Son, na parroquia de Ribasieira, quedou controlado – non extinguiido – esta mañá.  Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada sitúase nas 250 hectáreas. Na súa extinción traballan 2 técnicos, 18 axentes forestais, 37 brigadas, 18 motobombas, 4 pas, 5 helicópteros e 4 avións.

Tamén está controlado dende as 5 da maña deste sábado un incendio no concello de Dumbría, parroquia homónima, que comezou este venres pola noite. Segundo estimacións provisionais ata o seu parametrizado, a superficie afectada é de 24 hectáreas de monte raso. Nos traballos de extinción levan participado 1 axente forestal, 4 brigadas, 3 motobombas e 1 pa.

Dende última hora deste venres está extinguido o lume rexistrado no concello de Porto do Son, parroquia de Noal, que levaba ardendo máis dun día e que, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta a unha superficie de 150 hectáreas, das cales 120 son arboradas e 30 de monte raso. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 9 axentes forestais, 18 brigadas, 13 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 4 avións.

O mesmo pasa co incendio de A Fonsagrada, que levaba tres días activo e que quedou extinguido este venres a última hora. Nesta parroquia localizáronse 3 lumes simultáneos, que afectaron, segundo estimacións provisionais, a unha superficie de 570 hectáreas, das cales 330 son arboradas e 240 de monte raso. Nos traballos de extinción participaron 2 técnicos, 27 axentes forestais, 90 brigadas, 30 motobombas, 4 pas, 2 avións e 7 helicópteros.

 

También te puede interesar