Galicia

72 feridos nas estradas galegas nunha fin de semana sen mortos por accidente de tráfico

O 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 72 persoas debido a 55 accidentes de tráfico acontecidos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres e as 12 da noite deste luns. O maior número de atencións por sinistros, segundo destaca o 061 nunha nota, rexistrouse o sábado, con 23 accidentes.

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes, con 27. Na Coruña houbo 21, en Lugo cinco e en Ourense dous.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na central de coordinación foron 71. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a catro sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu a dúas persoas, as asistenciais mobilizáronse en 58 accidentes e os médicos de atención primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061 prestaron asistencia sanitaria en cinco ocasións. As ambulancias convencionais asistiron en dúas ocasións.

En 56 casos, os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, 14 foron atendidos no propio lugar do incidente e dous nun centro de atención primaria.

 

También te puede interesar