O grupo municipal do BNG reclamou este luns ao goberno local que axilice a tramitación do programa de bolsas de comedor, xa que “o curso xa comezou e aínda non está resolta a convocatoria”.
Os nacionalistas lembraron que “está moi ben destinar moito diñeiro a bolsas para escolares, pero é inadmisible que as axudas non estean xa resoltas”. Iolanda Veloso lamentou que moitos país optasen por no levar aos seus fillos aos comedores escolares “porque non poden págalo e non saben se van disponer desa bolsa”.
A voceira do BNG engadiu que “non só hai que ter diñeiro, senón tamén xestionalo axeitadamente”, e subliñou que a partida presupostaria para bolsas de comedor foi unha das emendas incluídas no documento presupostario a iniciativa do Bloque.