A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou destinar un total de 992.000 € a 3.600 bolsas para libros de texto e comedores escolares, segundo anunciou este martes o alcalde. Así, se aprobaron un total de 80.000 € para axudas para libros de educación infantil, unha cantidade que permitirá conceder 1.000 bolsas. Ademais, outros 912.000 € destinaranse a 2.600 axudas para comedores de centros de educación infantil, primaria e secundaria da cidade.
Abel Caballero explicou que se trata dun “aumento moi importante” con respecto ás cifras que se viñan manexando habitualmente xa que a demanda para este curso escolar “superou todo o imaxinable”.
Este anuncio prodúcese despois de que, este luns, o grupo municipal do BNG demandase o goberno local que axilizase a tramitación de bolsas de comedor, tendo en conta que o curso escolar xa comezou.