B.B.C.,o mozo de 21 anos, detido este xoves como presunto autor de polo menos 16 incendios forestais no concellode Tomiño este verán, ven de pasar a disposición do Xulgado de Instrucción número 2 de Tui. A Garda Civil investiga, ademáis se este veciño da parroquia de Pinzás está detrás doutros seis máis logo de ser sorprendido plantando por un vixilante da Comunidade de Montes de Barrantes.
O vixiante deu aviso ao Seprona, o cal procedeu á detención do sospeitoso. O mozo empregaba un chisqueiro para prender lume, segundo confirmou este venres o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, quen tamén confirmou que “actuaba só” e que, segundo soubo vigoalminuto, confesou os feitos.