Outro lume, en Guitiriz, achégase ás casas da parroquia de Montemeá

Un novo incendio, que afecta ao concello lucense de Guitiriz dende as 3 e media da tarde deste luns, ven de obrigar á Xunta a declarar o nivel 1 de alerta logo de que as lapas se achegasen ás casas da parroquia de Montemeá.

O nivel 1 declarouse pasadas as 4, logo de que o lume, que cando escribimos esta información está descontrolado, se achegase a pouco menos de 40 metros das vivendas. Segundo varios veciños, o fogo empezóu en varios puntos da mencionada parroquia á hora do xantar e, nun principio, mentres non chegaron as brigadas de extinción, foron os propios veciños os que tentaron apagarlo.

A esta hora,  informa a Consellería de Medio Rural no mesmo están a traballar tres axentes forestais, seis brigadas, seis motobombas, unha pá e catro avións.

Este lume súmase aos que esta mesma tarde afectan a Conxo, en Santiago, ás parroquias de Outeiro y Paradela, en A Merca, a Solbeira en Allariz – que arrasou xa 22 hectáreas –, A Mezquita, e a parroquia de Vilarello de Cota, en Vilardevós – estes dous, controlados.

 

 

También te puede interesar