Toma boa nota, será o vindeiro domingo 29 de setembro. cando se celebrará a IX Marcha Popular polos montes veciñais de Cabral é Candeán. A marcha partirá dende o Parque Forestal de Cotogrande as 10 da mañá.
A hora da concentración será as 09:30 horas, onde se fará o reparto de auga e máis o número de participantes, todo iso acompañado de un agasallo. As 10 da mañá comenzará a andaina por un percorrido de aproximadamente, uns 7 quilómetros. Haberá un autobús gratuito para voltar ao punto de partida.
A Asociación Cultural O Coto da parroquia de Cabral ven a organizar por noveno ano, un fermoso e fácil percorrido polos montes veciñais en Man Común das Parroquias de Cabral e Candeán o cal, é coincidente na gran maioría co Sendeiro Panorámico de Vigo.
Esta iniciativa partiu coa idea de dar a coñecer ós veciños das parroquias de Candeán e Cabral e resto dos cidadáns de Vigo os excepcionais montes das dúas parroquias, con multitude de pistas e camiños aptos para a práctica do sendeirismo e asequibles a persoas de calquera idade ou condición física.
Repartirase a todos os participantes: auga, froita, refrescos e haberá sorteo de agasallos ao remate do percorrido.