Galicia

Marcha contra a Lomce e a favor do ensino público, este sábado en Compostela

Manifestación contra a Lomce (Arquivo)/Tresyuno Comunicación

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público celebrará este sábado, día 28, unha grande marcha Compostela contra a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (Lomce) e os recortes na educación pública.

Segundo adiantou o secretario nacional da CIG-Ensino, a marcha partirá de catro puntos aos arredores da cidade para chegar ao mediodía á Pratarías, onde se celebrará o acto final.

Anxo Louzao fixo un chamamento ao profesorado para que secunde a folga xeral educativa convocada para o próximo 24 de outubro, data na que celebrarán manifestacións nas sete principais cidades galegas e noutros concellos como Cee, Carballo, Viveiro, Vilagarcía ou Lalín. Louzao subliñou a necesidade de “manter a presión fronte a unha proposta de lei nociva” e seguir na “loita permanente contra esta norma letal e prexudicial dende todos os puntos de vista do sistema educativo galego e público”.

Mónica Martínez de ‘Os Comités’, sinalou que hai “motivos abondos para seguir participando nas protestas” e realizou un chamamento a que os estudantes “saian á rúa” e participen en todos os actos convocados, dado que se trata dunha reforma educativa “que lles afecta de xeito directo e xoga co ensino”.

 

También te puede interesar