Besteiro, novo líder dos socialistas galegos, “temos que ser unha ferramenta ao servizo das personas”

Gómez Besteiro cos ex presidentes Touriño e Laxe

“Entrega, traballo e decisión”, eso prometeu este domingo o novo líder dos socialistas galegos para “facer do PSdG a única alternativa real de gober á dereita en Galicia”. Xosé Ramón Gómez Besteiro  – que resultou elixido secretario xeral do Partido dos Socailistas de Galicia co 95% dos votos dos delegados presentes no congreso extraordinario celebrado en Compostela- repetiu que aposta por un partido “máis dinámico, máis transparente e máis democrático”.

Logo de agradecer o traballo do seu predecesor e recoñecer o traballo do seu rival nas Primerias- o alcalde de A Illa, Manel Vázquez-, engadiu, “algúns quixeron ver que estábamos rotos, pero amosamos que o partido estana máis vivo que nunca e faremos del unha ferramenta ao servizo da sociedade, elevando o nivel de compromiso e incrementando a nosa base social”. O novo secretario xeral, reiterou, “creo neste partido e no que ten que ofrecer á sociedade galega: un proxecto político baseado na igualdade, na xustiza social e na solidariedade”.

A nova executiva terá como número dous e secretaria de organización a Pilar Cancela, que fora directora xeral de Relacións Laborais da Xunta, e estará integrada por Olga Alonso e David Regades, militantes do PSdG de Vigo, Tanía García de Vilagarcía, Belén Louzao de A Estrada, Iván Puentes de Fene ou Eva Martínez de Ferrol.

 

También te puede interesar