O Xulgado de Instrucción número 5 de Vigo será o que entenda da denuncia presentada pola Xunta contra os 17 membros do Comité de Personal de Povisa pola ‘ocupación’ da sede do goberno galego na cidade, o pasado día 5 de agosto. O vindeiro 23 de decembro celebrarase un xuizo de faltas por estes feitos.
Aquel día, presto dun cento de traballadores do hospital privado entro una delegación da Xunta e, sentados no chan – dentro das mobilizacións en defensa do convenio colectivo- pediron unha entrevista coa delegada, María José Bravo Bosch, para que mediase entre a Consellería de Sanidade e a dirección do centro médico.
Segundo a denuncia presentada pola Policía Autonómica, estas personas impedían o normal funcionamento dos servizos e, “pese aos requerimentos dos axentes negáronse a deixar a sua actitude, polo cal foron desaloxados”.