Ifevi é, desde este martes e ate o xoves, o escenario da XV edición da Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados (Conxemar) á que acuden 480 expositores procedentes de 36 países. Segundo o presidente da feira, que estivo acompañado na inauguración polo presidente da Xunta, o ministro de Agricultura e Pesca e o alcalde, xúntanse representantes dun sector que “reclama facilidades para poder financiarse e a eliminación doutras barreiras que obstaculizan a súa produtividade”.
José Luis Freire subliñou que o sector do conxelado “atravesa circunstancias difíciles“, agravadas pola escaseza e carestía do financiamento. Por iso, pediu axuda ás administracións e para tomar outras medidas que acaben coas “barreiras á produtividade”, como a “apertura das fronteiras enerxéticas”, a eliminación de burocracia ou a redución de custos nos servizos portuarios.
O presidente de Conxemar reafirmou a importancia de que Vigo acolla esta feira, unha situación xeográfica na que xogou un papel determinante a presenza dun potente cluster de empresas de pesca.
O ministro Arias Cañete calificou a Conxemar do “o mellor escaparate” para dar a coñecer non só as empresas, senón tamén calidade dos produtos e servizos, as innovacións técnicas na produción, e para estreitar relacións comerciais e profesionais. “Vigo convértese no centro mundial do peixe conxelado”, apuntou o ministro, quen fixo fincapé en que “este sector é estratéxico” para España, primeiro produtor europeo de produtos do mar transformados, con máis de 660 empresas, e unhas vendas netas que superaron os 4.000 millóns de euros en 2011”.
Pola súa banda, o presidente Feijóo, indicou que o conxelado é un dos puntaisdo tecido empresarial galego e lembrou que que o sector ten en Galicia 113 empresas que dan traballo a 8.000 personas.