Cultura

Piden 480 € de multa para un afectado polas Preferentes que se manifestaba nun acto de Feijóo

Despliegue durante a manifestación de Afectados nunha visita de Feijóo a Baiona/Tresyuno Comunicación

O fiscal pide 40 días de multa – a razón de 12 € diarios – e decir, 480 € para un afectado pola compra de Preferentes que foi acusado pola Policía Autonómica dunha suposta agresión durante unha manifestación nun acto ao que asistía o presidente Feijóo, en Santiago.

Segundo a Plataforma de Afectados de Compostela, os feitos denunciados son completamente falsos xa que os manifestantes foron apartados a unha esquina, “coma galiñas nun corral” e, “en ningún momento houbo agresión algunha, ao contrario, foi a Policía a que botulle mana o peiro ao denunciado”. Os aforradores subliñan que sempren fan caso da Policía e indican que “o axente seguiu máis os ditados dun mando que reflectir a realidade do que pasou”.

Para esta plataforma, este feito o que ten coma obxectivo é amedrentar aos afectados e que “deixemos de reclamar os nosos cartos”.

 

También te puede interesar