Galicia

3.000 personas maniféstanse en Compostela e reclaman que o Monte Pindo sexa parque natural

Preto de 3.000 personas manifestáronse este domingo nunha protesta, convocada pola Asociación Monte Pindo, que percorreu as rúas de Compostela en defensa do rural galego, para esixir á Xunta medidas de prevención nos montes contra os incendios e reclamar a condición de parque natural para este enclave arrasado polo lume.

A marcha, que contou co apoio de máis de 80 entidades, transcorreu baixo o lema ‘Por unha Galiza sen lumes. Por un rural con futuro’. Durante o seu percorrido os participantes han coreado lemas como ‘Máis prevención, menos extinción’, ‘Non máis lumes”, ”Rosa Quintana dimisión” ou ‘Feijóo, culpable, ou pobo está que arde’.

En declaracións aos medios, o presidente da asociación Monte Pindo Parque Natural denunciou que a o goberno galego “ten esquecido o rural e aos montes gastando todo os orzamentos  na extinción en vez da prevención”.

Gilberto Caamaño reclamou á Xunta que cumpra a petición que se leva facendo dende hai tres anos para declarar o Monte Pindo como parque natural, á que o conselleiro de Medio Ambiente, “fai oídos xordos“.

Caamaño denunciou que o Monte Pindo “quedou arrasado por enriba das 2.200 hectáreas” que di a Xunta e que si se declara monte natural “pode ser un impulso económico que axude e traia outro tipo de investimentos como o turismo verde” ou para volver reproducirse o pastoreo de cabras que existía hai décadas.

Nesta liña, pediu medidas “sen máis dilación” contra a erosión nesta zona para evitar que “17.000 toneladas de terra e cinza” baixen á ría de Corcubión, que “van afectar ao berberecho de Caldebarcos e reserva mariña de Lira”. En concreto, demanda a plantación de herba e gramíneas que fagan de dique de contención e poder evitar “outra catástrofe”.

 

También te puede interesar