Galicia

Aprazan o desafiuzamento dunha muller de Cabanas, a súa nai e o seu fillo de 3 anos

O desafiuzamento dunha muller, o seu fillo de 3 anos e aboa materna do pequeño, da vivenda do concello coruñés de Cabanas – que vendeu o seu marido, contra o que está interposta unha denuncia por violencia de xénero,-quedou aprazado ante as protestas da “Asociación Ve-la luz“, “Stop Desahucios” e a Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra.

Preto dun cento de persoas concentráronse ás 10 da mañá diante da vivenda, situada nas preto da praia de Cabanas, para tratar de impedir o desafiuzamento. A casa, propiedade da familia da muller, fora vendida por un proceso “fraudulento”, segundo aseguraron os distintos colectivos, que criticaron o atraso na instrución das denuncias por violencia de xénero presentadas pola muller  hai dous anos.

Os participantes na protesta pegaron na vivenda, situada na urbanización “Os Chairos”, carteis con frases como “decidín dicir ¡ abonda xa! e atopei maltrato xudicial e institucional” e corearon consignas como “imos queimar os Xulgados e demais por machista e patriarcal”. Cunha sentada ante a casa opuxéronse ao desafiuzamento ante a chegada dunha ducia de axentes da Garda Civil, en torno ás 10 e media, que non chegaron a intervir.

O funcionario xudicial que se desprazou ata o lugar falou coa irmá da muller afectada que lle explicou que a venda fora “fraudulenta” e que na casa vivían, ademais de ela e a súa irmá, o neno de tres anos e a nai de ambas as dúas. Aínda que o desafiuzamento finalmente non se produciu, non se descartou que se poida realizar nas próximas horas.

 

También te puede interesar