O alcalde de Beade – onde este luns de madrugada estourou un artefacto explosivo– reafirmouse na súa ideoloxía franquista. “Todo o mundo podemos dar declaracións, o que digo é o que sinto, e son o que son e seguireino sendo”,insistiu Senén Pousa, quen afirmou que se fai unhas declaracións el é “responsable do que manifesta nelas. E se dis algo mal, que che leven aos tribunais e punto”.
Pousa suliñou que se volverá a presentar ás eleccións, “espero facelo baixo as siglas do PP porque todo o que fas polo teu pobo é pouco”, indicou.
A este respecto, o subdelegado do Goberno en Ourense, que visitou o concello en compaña do rexedor, indicou que Pousa “é o alcalde democraticamente elixido polo pobo”, ademais incidiu en que “nun país democrático as ideas deféndense nas institucións”.