Vigo al minuto

16 actividades culturais no Auditorio Municipal os meses de novembro e decembro

A programación conta con un total de 16 actuacións, 8 de adultos e 8 familiares, de teatro e música, e nela participan 9 compañías de Galicia e 7 agrupacións do resto de España.

En canto á programación dirixida ao público adulto se inclúen pezas cómicas, dramas, música de autor e folk e como novidade este ano se inclúen dúas pezas de monicreques. Respecto da programación familiar, está composta por monicreques, teatro xestual con pompas de xabón, musicais, teatro contemporáneo e maxia.

As compañías e grupos seleccionados dentro da oferta de artes escénicas do panorama estatal, contan todas ellas con aceptación de público e crítica e moitas delas teñen premios polas obras representadas.

10 das 16 actuacións son cofinanciadas pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), que aporta un total de 9.956,38 € -aportou no ano 2013 un total de 22.992,58 € entre as programacións do primeiro e segundo semestre de 2013-; o Concello de Vigo aporta para esta programación un total de 55.000,00 €, un 65% do coste total da programación. Os prezos e lugar de venda de entradas se manteñen, así como os abonos á carta.

 

También te puede interesar