Ciencia y Tecnología

Sete dos caldeiróns salvados este luns en Bares aparecen mortos nunha praia de O Vicedo

Algúns dos caldeiróns que onte foron salvados, despois de quedar varados nunha praia de Bares, apareceron sen vida este martes pola mañá nun areal doconcello lucense de O Vicedo. Os técnicos atoparon 7 animais mortos, e unha cría viva, pero cren que outros tantos están perdidos e se meteron río arriba polo Sor.

Os expertos da CEMMA, a coordinadora de estudos de mamíferos mariños, cren que o líder da manda se desorientou. Sospeitan que os que onte se salvaron en Bares seguiron desorientados, polo que acabaron varando a pouca distancia, ó outro lado da ría do Barqueiro, na praia de Arealonga.

 

También te puede interesar