Comarcas

Os mariñeiros da flota cefalopodeira levan máis de dosus meses sen cobrar axunda algunha

A flota cefalopodeira galega que faenaba no caladoiro mauritano denunciou este mércores que a falta de compromiso político dos Gobernos español e galego está detrás da aprobación do acordo pesqueiro que ratifica a súa expulsión do país sahariano. O responsábel de CIG-Mar compareceu en rolda de prensa xunto a unha representación dos tripulantes para reclamarlle ao Goberno español e á Xunta que negocien novos caladoiros e alertou de que parte dos barcos están a ser xa despezados.

Xabier Aboy criticou a actitude “titubeante” do PSOE, acusou o PP de chegar “tarde, mal e arrastro” e a outras formacións políticas de “amosar o seu apoio só a través dos medios de comunicación”.

Aboy explicou que a única saída que lle queda á flota é a explotación doutros caladoiros, para o que é necesario investir na adaptación dos barcos. Isto só é posíbel naqueles de maior tamaño, polo que varios armadores xa optaron polo despezamento a pesar de que nalgúns casos se trata de embarcacións que non chegan aos 15 anos -cando a vida media alcanza os 35 -.

Diante disto, Xavier Aboi, adiantou que lle solicitarán á Consellería do Mar e á secretaría xeral de Pesca española que inicien os contactos de cara a permitir a presenza galega en caladoiros como o de Senegal -a negociación do acordo comeza a final de ano-, Guinea Bissau -está xa asinado e só falta tramitar as licenzas- ou o Sáhara-non se asina até xaneiro-.

Finalmente, varios dos afectados denunciaron que levan xa máis de dous meses sen recibir axudas, o que complica aínda máis a situación económica de moitas familias. “Non vemos saída porque os armadores queren seguir pescando pero non teñen onde botar os barcos”, rematan.

 

También te puede interesar