Galicia

Das 880 peticións de desafiuzamento realizadas no primeiro semestre en Galicia completáronse 693

Os xulgados galegos recibiron, a través dos Servizos Comúns de Comunicación e Execución, un total de 880 lanzamentos, para a execución de sentenzas de desafiuzamento, no primeiro semestre deste ano, das que se logrou un “cumprimento positivo” nun total de 693, segundo datos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Os lanzamentos,  considerando como tales aqueles nos que hai unha representación do xulgado que comproba nunha casa para constatar o seu abandono, descenderon, o primeiro trimestre do ano un 15,2%, pasando de 527 en 2012 a 447 este 2013.

No caso de Vigo, dos 288 lanzamentos recibidos executáronse a totalidade; en A Coruña 152 de 212 e en Ourense 81 de 98. En Ferrol cumpríronse 66 de 82, en Lugo 67 de 80 e, en Pontevecdra, 47 de 58.

 

También te puede interesar