Comarcas

Este domingo, en Mos, a gala benéfica ‘Axúdanos 2013’ con música, maxia e actividades para rapaces

A asociación Mos Solidario celebra este domingo (5 da tarde no Auditorio das Escravas da Virxe Dolorosa, en Petelos) a gala ‘Axudamos’, que ten unha entrada de 5 €, destinará a totalidade da súa recadación ao Banco de Alimentos.

Entre os invitados a esta edición destaca o mestre de cerimonias do mesmo, o actor lucense Luis Iglesia, quen presentará a Marcos Escudero, Fredi Cruxer, Rudi Dudi, Mago Deimi, Tangaraño,  Tito Spaghetto, Xamaraina e Pequitas & Cia. Ademáis achegaranse a Mos os tamén actores Rubén Riós e Mayka Braña, que sumaranse ás actuacións musicais, de maxia…e outras  actividades infantis.

A comprometida situación que atravesan moitos conveciños da zona non deixa indiferente a ningunha das organizacións e empresas que decidiron sumarse a esta acción, e con ela tratarán de paliar algunhas das carencias que sofren en numerosos fogares.

Para aqueles que non poidan acudir, hai unha fila cero: as entradas para ela véndense en varios establecementos de Mos e no bar Bocados de Ponteareas, en Edades, na rúa Venezuela de Vigo, e no Bar Simplicio, de Porriño.

 

También te puede interesar