A residencia para maiores da parroquia de Nuestra Señora del Rocío, que se abrirá en Coia dentro de algo máis dun ano, disporá dun total de 74 prazas para maiores dependentes. A inmoble, que empezou a construirse este luns, foi adxudicada pola Diocese de Tui-Vigo á Fundación San Rosendo e a obra, que comezou este luns, terá un custo de 3 millóns de euros, situarase nunha parcela de máis de 3.500 metros cadrados cedida pola parroquia xusto a carón da igrexa.
A residencia, na que terán preferencia os veciños do barrio de Coia, disporá dunha sala de convivencia, comedor, sala de rehabilitación, outra do social e unha terceira polivalente.No mesma traballarán preto de trinta personas, incluindo xerontólogos, enfermeiros e coidadores.