Unha decena de mulleres iniciarán, á medianoite deste martes – nun local que está preto da Audiencia Provincial de A Coruña-, unha folga de fame para denunciar a “indefensión” de vítimas de violencia de xénero e dos seus fillos. Segundo informou a presidenta da Asociación Galega para a Defensa de Vítimas de Violencia de Xénero ‘Ve-laluz‘ a súa intención é manter a folga de fame “ata que se asegure a protección dos menores e as mulleres debidamente” ante a que cualificou de “insostible situación actual”.
Gloria Vázquez denunciou, ademáis o “maltrato institucional e xudicial” a este colectivo e sinalou coma exemplo delo que dende o mes de xuño non hai presuposto para o ‘salario da liberdade e tampouco hai vivendas para acoller as mulleres vítimas de agresións.
Vázquez subliñou que “vivimos nunha das maiores desproteccions, enmascaradas con protocolos e axudas que na práctica non existen”, e engadiu que hai xuíces “que non aplican a Lei Integral de Violencia de Xénero”, citando como proba que o 64% das denuncias por maltrato rematan en sobresemento.