Galicia

Estado da Autonomía:Feijóo ve unha Galicia situada para sair da crise, con menos desemprego, menos recesión e con máis industria

Feijóo describiu este martes durante o Debate do Estado do País, unha Galicia “situada nos primeiros postos da liña de saída da crise” que camiña cara a “unha nova etapa de crecemento económico”. Para argumentar a súa afirmación, o presidente subliñou que Galicia “ten unha taxa de paro inferior á media española, ten menos recesión, menos débeda que no conxunto das autonomáis, máis produción industrial e aumenta a confianza empresarial”.

O xefe do executivo, en lembranza, dico, das familias que o están a pasar mal, engadiu que “por elas debemos ser respectuosos nas manifestación e cautelosos nas previsións. As esperanzas son fundadas e estamos na vía que conduce a transformalas en realidades”.

Na opinión do presidente, o obxectivo para sair da mala situación económica é o que chamou “crecemento solidario” que, sinalou, está recollido nos orzamentos para o ano que ven, “no que oito de cada dez euros” irán para os servizos públicos o cal traerá cooperación, esforzo, solidariedade, visión de futuro e responsabilidade” eixos sobre os que se move, repetiu, a súa xestión.

Entre outras medidas, Feijóo propuxo, a rebaixa do tramo autonómico do IRPF para que todos teñan unha base liquidable ata 17.700 € ao ano, pasando o gravame do 12 ao 11,5%, “da cal beneficiaranse sete de cada dez galegos”; un incremento do 50% na cuantía dos fondos do Risga; “mantemento dunha atención sanitaria pública”, aumento dun 13% das partidas destinadas ás entidades de iniciativa social, máis medidas para os desafiuzados, actualización do Plan Eólico para “dotar de blindaxe xurídica definitiva a calquera desenvolvemento futuro e axilizar ao máixmo a tramitación administrativa destes investimentos”.

O presidente tamén adiantou que a Xunta aprobará unha lei que blinde a rendabilidade dos fondos públicos co obxecto de evitar que os recursos públicos se invistan “por inercia e se fagan en base a oportunidades”, o relanzamento da marca ‘Galicia calidade’, 50 millóns para impulsar proxectos empresariais con beneficios fiscais, unha lei de Economía Social, unha Carteira de Emprego ou un Plan de Acción Integral da biomasa en Galicia que, dixo, “axudará a manter os montes limpos” e previr os incendios.

Na opinión do mandatario, “este é o modelo é o modelo da Galicia que coopera e que se entende”, exemplo que, indicou, viuse nos veciños de Angrois durante o acidente do pasado mes de xullo, “a gran reflexión que compre facerse ao abeiro daquela heroicidade colectiva, é que unha mostra tal de enerxía colectiva só é posible nun pobo afeito a utilizalo a cotío”, concluiu.

 

También te puede interesar